lunes, 7 de abril de 2014

Presentación de "Elefante comellón" en Libros para soñar

O ILUSTRADOR MARC TAEGER PRESENTARÁ MAÑÁ O SEU NOVO ÁLBUM, “ELEFANTE COMELLÓN”, NA SESIÓN DE CONTACONTOS DE LIBROS PARA SOÑAR

O ilustrador suízo Marc Taeger, afincado no Morrazo, será o protagonista da sesión de contacontos que se celebrará mañá venres en LIBROS PARA SOÑAR, a partir das 18:30 horas. Presentará o seu novo traballo, un álbum ilustrado titulado “Elefante comellón”, publicado por KALANDRAKA. Trátase dun relato do narrador madrileño Rafa Ordóñez que Marc Taeger acompaña con imaxes elaboradas coa técnica do linogravado. No proceso de impresión dos orixinais, o ilustrador contou coa colaboración dos profesores Federico Fernández e Alba Pardo, da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo.

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo
986 43 37 68